Grazas á iniciativa “Do mar á terra” os hostaleiros de Vimianzo traballaron na recuperación de receitas e métodos de cociña da antano, nas que se mesturan a historia, o sabor xenuíno e o produto do mar da Costa da Morte. Como resultado do seu traballo, e o asesoramento de expertos arqueólogos e cociñeiros, ofrecen ao visitante mostras da gastronomía das épocas castrexas e medieval.
A continuación preséntanse as receitas que os hostaleiros que conforman a rede turística de Vimianzo “Do mar á terra” elaboraron especialmente para este proxecto. Os chefs dos establecementos traballaron conxuntamente co cociñeiro Miguel Silvarredonda e co asesoramento dos arqueólogos gastronómicos Víctor Bejega e Eduardo González, para que tanto o menú castrexo coma o medieval que ofrecen aos seus visitantes, sexan un fiel reflexo da cociña que consumían os antepasados vimianceses das idades de Ferro e Media.