Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Do mar á terra

“Vimianzo. Do mar á terra”

Coído de Sabadelle

Vimianzo é a capital dos sabores do mar da Costa da Morte. Un punto de encontro entre a terra e o mar, con fondos alicerces na historia e no tempo. Pazos, castros, dolmens e o seu castelo falan dunha terra onde se saborea o mar, onde dende tempos antigos houbo intercambio entre a tradición mariñeira e os sabores do campo: unha fusión galega de mar e terra.

 “Do mar á terra” é un proxecto financiado por fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira, GAC 3. Con el preténdese engadir valor, ordenar recursos, crear redes e diferenciar a Costa da Morte con instrumentos que dinamicen a economía, impulsen a mellora competitiva e favorezan un espacio axeitado para o emprendemento. É un proxecto promovido polo Concello de Vimianzo, pero aberto á participación de todos os axentes locais con inquedanzas polo desenvolvemento do seu municipio.

Ecogastronomia e arqueogastronomía

Castelo de Vimianzo

Na oferta gastronómica de Vimianzo o peixe e o marisco da Costa da Morte é un dos elementos máis salientables. Este proxecto pretende poñer en valor a ecogastronomía, apostando pola calidade, a sostenibilidade dos recursos pesqueiros e a innovación da cociña, pero tamén promover a excelencia do sector turístico presentando atractivos produtos para o visitante.

Grazas a “Do mar á terra” os hostaleiros apoiáronse na arqueogastronomía, traballando  na recuperación de receitas e métodos de cociña da antano, nas que se mesturan a historia, o sabor xenuíno e o produto do mar da Costa da Morte. Como resultado do seu traballo, e o asesoramento de expertos arqueólogos e cociñeiros, ofrecen ao visitante mostras da gastronomía das épocas castrexa e medieval.

Porque Vimianzo é tamén historia, cultura, natureza... o proxecto inclúe tamén unha serie de rutas elaboradas polo Concello que percorren o castelo, os pazos, castros, mámoas e paraxes, coas que o visitante poda gozar do patrimonio material e inmaterial da terra soneirana.

As actividades que desenvolve o proxecto preséntanse baixo a marca "Do mar á Terra", que conta con distintos elementos de promoción, entre os que destacan unha páxina web, una imaxe de marca, puntos de información, material audiovisual e a creación dunha rede de hostaleiros. Trátase dunha coidada promoción dos atractivos turísticos e un intenso traballo por achegar unha experiencia turística diferenciada, vencellada ao mar, ao patrimonio e á historia.