Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Cociña medieval

O medievo, pouso da cociña actual

A gastronomía medieval vimiancesa, ao igual que ocorre coa súa paisaxe e as súas tradicións, é unha apaixonante combinación de sabores, colores, olores e costumes en torno á mesa, grazas á mestura de culturas da que Vimianzo gozaba.

O concepto de cociña medieval marcou as pautas da actual. ¿Cal é a razón? Que o medievo seguiu á caída do Imperio Romano, una época na que xa se respiraba o interese polo desenvolvemento gastronómico. Os romanos deixaron incluso manuais e receitarios que chegaron ata o día de hoxe, coma o de Apiano, un Ferrán Adriá ou un Juan Mari Arzac innovou a cociña romana. Conxugando esa herdanza, mais a árabe, aparece a cociña medieval, con pratos baseados nun so produto, guisos evolucionados, ensaladas… Este pouso medieval será o que de pé á cociña tradicional galega.  

Nesta época adóitanse costumes que hoxe conservamos como comer ensaladas antes das comidas, ou que os vexetais acompañen á carne e ao peixe en lugar de ao revés, como se facía na Idade de Ferro. Prepáranse guisos e sopas, pero tamén se atopan pratos a base dun peixe enteiro, moluscos cocidos e alimentos elaborados con sobras coma son albóndegas ou empanadas.

Conserva e reserva de peixe

O mar sempre está presente na gastronomía vimiancesa, pero na época medieval especialmente, xa que a relixión católica así o impoñía. Durante a Coresma non se podía consumir carne, polo que o alimento ao que recorrían era o peixe da Costa da Morte. Esta situación vai marcar de forma decisiva o seu consumo, tanto a produción nas zonas costeiras coma no interior coa consolidación de técnicas de conservación, que sentarán a base da aparición futura da industria conserveira.

Se algo caracteriza a comida medieval é o uso das especias e as salsas ácidas. Algúns historiadores apuntan que estas empregábanse para ocultar o sabor ás veces putrefacto dos alimentos, pois non existían sistemas de refrixeración. É por iso que cobran importancia sistemas de conservación dos produtos coma o secado, salgado, afumado e escabechado.  

Laxe e Camariñas, municipios coiraza da Vimianzo e os seus provedores de produtos do mar, van ser grazas á época medieval, una parte importante da reserva de peixe de toda España, exportando produtos ao Mediterráneo, a Inglaterra, a Francia… situación que continúa ata hoxe.