Bosque de Galería
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Localización A maneira máis sinxela de chegar ata Cereixo é saíndo do centro de Vimianzo pola estrada que vai ata Camariñas (AC-432). A uns 10 km, na Ponte do Porto (Camariñas) débese virar á esquerda por enriba da ponte que cruza o río Grande. 1 km máis adiante chegaremos ao núcleo de Cereixo (UTM 29T 489775; 4775454). O río Cereixo Na desembocadura do río Cereixo, pódense atopar especies animais tipicamente fluviais: Mamíferos carnívoros como a lontra, ou peixes como a troita e o escalo. Pola súa beira podemos gozar dunha área de paseo que transcorre por medio dun característico bosque galería no que podemos atoparnos carballos, ameneiros, salgueiros, acivros, loureiros… O paseo fluvial Ao longo do a desembocadura do río de Cereixo hai un paseo fluvial sobre pasarelas de madeira que unen o núcleo de Cereixo e a Igrexa parroquial co muíño das Torres. Durante o percorrido o visitante pode gozar dun paseo por unha zona de gran beleza e fraxilidade e poderá ampliar os seus coñecementos sobre a flora, a fauna e a historia deste espazo a través de diversos paneis informativos. |
|
|||||
Inicio | Requisitos técnicos ©2015 Concello de Vimianzo |