Galego
  Cereixo
   




Estaleiros de Ribeira
                           
    Desembocadura do Río Grande   Estaleiros de Ribeira   Núcleo de Cereixo   Muíño de mareas   Igrexa de Cereixo   Bosque de galería  




Localización

A maneira máis sinxela de chegar ata Cereixo é saíndo do centro de Vimianzo pola estrada que vai ata Camariñas (AC-432). A uns 10 km, na Ponte do Porto (Camariñas) débese virar á esquerda por enriba da ponte que cruza o río Grande. 1 km máis adiante chegaremos ao núcleo de Cereixo (UTM 29T 489775; 4775454).


O estaleiro de Cereixo
Un dos poucos testemuños que se conservan do pasado portuario de Cereixo son os Estaleiros RD, que rexenta José Manuel Romero Dopazo, alcumado «o carpinteiro». Foron fundados polo seu pai, que trouxo a tradición de Cabana de Bergantiños, na década de 1940 e neles construíanse e reparábanse barcos pesqueiros de madeira para armadores de Camariñas, Camelle, Muxía e Fisterra, principalmente. Aquí chegáronse a facer embarcacións de ata 14 metros de eslora e hoxe é o último reduto deste oficio tradicional na Ría do Porto.


O porto de Cereixo
O topónimo Porto de Cereixo indica a existencia dun lugar de atraque de embarcacións na marxe esquerda da desembocadura do Río Grande. Este porto debeu funcionar polo menos dende a Idade Media e puido ser lugar de chegada de peregrinos que viñan dende Inglaterra e outros países da costa atlántica cara o santuario de Santiago de Compostela.

O porto de Cereixo formou unha mesma unidade co da veciña Ponte do Porto, xa no veciño concello de Camariñas. Na «Descripción económica del Reyno de Galicia» (1804) de Lucas labrada dise que de aquí se sacaban cebolas do país para outros portos da costa e durante boa parte do Séc. XX chegaban gabarras que traían viño, augardente, sal… e levaban madeira dos serradoiros da zona.

Unha placa de cerámica situada nunha cerca do límite entre Camariñas e Vimianzo aínda recorda o pasado mariñeiro.










Inicio | Requisitos técnicos
©2015 Concello de Vimianzo