Galego
  Cereixo
   




Desembocadura do Río Grande
                           
    Desembocadura do Río Grande   Estaleiros de Ribeira   Núcleo de Cereixo   Muíño de mareas   Igrexa de Cereixo   Bosque de galería  




Localización

A maneira máis sinxela de chegar ata Cereixo é saíndo do centro de Vimianzo pola estrada que vai ata Camariñas (AC-432). A uns 10 km, na Ponte do Porto (Camariñas) débese virar á esquerda por enriba da ponte que cruza o río Grande. 1 km máis adiante chegaremos ao núcleo de Cereixo (UTM 29T 489775; 4775454).


O perigo chega por mar
O mar sempre foi fonte de riqueza e lugar de transmisión de novidades e innovacións, pero por el tamén chegaron pragas e destrución. Na Idade Media, entre os séculos X e XII a costa era un lugar perigoso frecuentemente asolado polos viquingos, tamén chamados normandos, e os piratas sarracenos.

A ría de Camariñas e Cereixo foron escenarios destes saqueos. Nun documento de 968 cóntase como os monxes de Santa María de cabo Tosto (Camariñas), tiveron que fuxir cara a Santiago por causa das incursións de piratas sarracenos. Na «Historia Compostelana», fálase tamén da devastación que causaron a inicios do Séc. XII por Nemancos e Soneira os piratas almorábides que habitaban a costa entre Sevilla e Coimbra.


A destrución de Cereixo
Nun documento do século XVII, escrito polo cardeal Gerónimo del Hoyo, dise que Cereixo foi destruído por polos «hereges ingleses» e parte dos seus veciños fundaron a vila de Muxía despois de pedirlle autorización ao Mosteiro de Moraime para edificar nos seus terreos. Aínda que o texto é moi posterior, seguramente estase a referir a un ataque normando do que non se pode precisar a data.


A desembocadura do Río Grande
En Cereixo, no que se coñece como a Ría do Porto, percíbese perfectamente a diferenza entre a marea alta e a baixa. Precisamente nestas zonas onde se mestura a auga doce do río e a salgada do mar, xérase un ecosistema extraordinariamente rico e fráxil habitado por unha grande diversidade de flora e fauna. Entre os peixes, aquí pódense atopar anguías, reos, ou muxes. Tamén é un lugar propicio para aves acuáticas como a garza real, o corvo mariño e os lavancos ou parrulos.


O cabazo de Vila Purificación
Dentro da propiedade de Vila Purificación, unha das casas máis antigas de Cereixo, pódese ver un dos cabazos de maior lonxitude de Galicia. Trátase dun cabazo do tipo «Fisterra», realizado totalmente en pedra que conta con nove pares de pes.

O seu grande tamaño débese a que Vila Purificación era o lugar de Cereixo onde se cobraban os foros da zona. Como moitos foros pagábanse en especie, normalmente cereais (trigo, millo…), precisábase dun bo celeiro para gardalos.










Inicio | Requisitos técnicos
©2015 Concello de Vimianzo