Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

4. Muíños da Agra, das Pasantes e da Gándara

A peculiaridade destes muíños é que se atopan nun contorno urbano. Actualmente ningún está en funcionamento, aínda que para o da Agra (+43º 6’ 31”, -9º 2’ 10”) existe un proxecto de rehabilitación como espazo de lecer.

Os tres (A Agra, As Pasantes e A Gándara) atópanse a día de hoxe case cubertos pola maleza, pero son exemplo dunha época na que os vimianceses souberon aproveitar a súa creatividade e inxenio para aproveitar a forza da auga do Río Grande e ampliar os recursos da vila. Algo que, coa evolución correspondente, segue facéndose hoxe, pois ao longo do Río Grande e dos seus afluentes sitúanse varias centrais hidroeléctricas.