Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

2. Pazo de Trasariz

Pazo de Trasariz

Moi cerca do Castelo de Vimianzo, saíndo do núcleo urbano, atópase o Pazo de Trasariz, tamén chamado Casa Señorial dos Caamaño (+43° 6' 46", -9° 2' 0").

É un fermoso conxunto pacego no que conflúen arquitectura e paisaxe. Trátase dunha gran casa de planta rectangular que destaca polo seu pórtico, de oito arcos, apoiados en columnas por capiteis dóricos, una verdadeira xoia da arquitectura pacega galega.

Tamén son rechamantes o seu amplo balcón e as inmensas chemineas. Na parte que dá ao norte ten adosada una capela barroca do século XVII que lle brinda aínda una maior grandiosidade. Actualmente é de propiedade privada, polo que no se pode visitar por dentro.