Tamén na parroquia de Baíñas. Nas súas paredes podes ver aínda gastados de gravados formados por liñas en forma de “U” e “V” (+43º 2’ 5”, -9º 1’ 42”).
Tamén se albiscan restos de pintura de cor vermello.
Trátase dunha das antas máis grandes de Galicia, tanto polo volume das súas lousas como pola amplitude do diámetro da súa mámoa, xa que se encadra nunha gran mámoa de vinte e oito por trinta metros.
Soamente a pedra da cuberta pesa doce toneladas