O castro sitúase nun pequeno outeiro entre os lugares de Trasouteiro e Sansobre, no leste do val de Vimianzo (+43º 6’ 20”, -9º 1’ 38”).
Cando chegues verás una muralla cun foxo externo polo leste , que se empregaba como defensa. De momento é un castro “virxe”, xa que non se practicou nel ningunha actuación arqueolóxica.
No lugar de Trasouteiro tamén podes contemplar o pazo e a capela adicada á Virxe da Concepción.
Un conxunto arquitectónico que se completa con dous edificios anexos, que eran as antigas escolas pías.
Trasouteiro é o único lugar que lle rende culto ao frade Diego de Cádiz, sobriño do fundador do pazo. O terceiro fin de semana de marzo os veciños celebran una verbena en torno á capela do beato e o sábado organizan una baixada de carrilanas.