Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

1. Castro das Barreiras

Castro das Barreiras

Castro celta situado case á saída do núcleo de Vimianzo (+43º 7’ 8”, -9º 2’ 8”).

Trátase dun recinto fortificado por una muralla construída con terra e rodeada por un foxo que servía de elemento defensivo aos habitantes do castro.

A súa peculiaridade é que está situado nun val, cando este tipo de asentamentos adoitaban aproveitar elevacións de terreo ou as ladeiras das montañas, xa que dende alí avistaban aos posibles atacantes.