Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

O Castelo, fortaleza de Vimianzo

O Castelo de Vimianzo (+43° 6' 40", -9° 1' 52") é o permanente vixía da vila. Situado á entrada do núcleo urbán, foi construído polos séculos XII ou XIII pola familia Mariño de Lobeira. Pero non era tal e como o vemos hoxe en día, xa que ao longo dos anos sufriu diversas reformas, debido ás loitas e cambios de donos.

O grande cambio estrutural do Castelo prodúcese a finais do século XV (1467) cando se produce un feito decisivo na historia de Galicia: a Guerra Irmandiña. O pobo, cansado da presión económica, abusos e violencia exercidos por os señores feudais, decide tomar ao asalto as fortalezas. Este acontecemento provocará a fuxida da grande nobreza galega cara a Castela e Portugal, sendo destruídas ou moi danadas a maioría das súas fortificacións, entre elas o Castelo de Vimianzo. Este acontecemento recórdase cunha festa cada mes de xullo: o Asalto ao Castelo.

Pouco despois os nobres escapados organizáronse en Castela e emprenderon a recuperación das súas posesións en 1469. O Castelo foi entón reconstruído co traballo de mestres canteiros vascos.

Natureza estratéxica

A familia dos Condes de Altamira, propietarios do Castelo, e o Arcebispado de Santiago estiveron enfrontados polo castelo durante os séculos XIV e XV. De feito, a propia fortaleza serviu de prisión para o arcebispo compostelán Alfonso de Fonseca II, que segundo se din estivo encarcerado nunha gaiola de ouro. Un dos motivos desta continua loita era a natureza estratéxica do castelo, pois a súa proximidade é costa permitía controlar as rutas comerciais do mar do Norte, os negocios da sardiña e da sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas.

Tras moitos cambios de propietarios, finalmente, en 1973 o Castelo foi comprado pola Deputación da Coruña, que o restaurou e acondicionou para que puidese ser visitado.

Cada verán, e durante as fins de semana de todo o ano , o Castelo acolle una mostra de artesanía en vivo onde pódese ver traballar ás palilleiras, os cesteiros, ourives, etc.

Información sobre horarios, contacto e demais en www.vimianzo.gal/turismo