Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Vía Rápida/ Mehari

Onde comer

  • R/Blanco Rajoy, 14 - 15129 - Vimianzo (A Coruña)
  • 981 716 005

  • e-mail
  • Cordeiro de Deus

    Cordeiro de Deus

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • Cordeiro
    • 1 vaso de viño
    • 1 cebola
    • 1 cabeza de allos
    • Alfabaca
    • Ourego
    • 1/2 kg de castañas
    • 1 porro
    • 1 cenoria
    • 1 presa de feixóns
    • Chícharos

    ELABORACIÓN
    :
    Un día antes, limpar ben o cordeiro e deixalo adobado con allo e viño. O día da preparación douralo. Nunha pota engadir o cordeiro coa cebola, o allo, o ourego, a alfabaca e o viño. Logo metelo no forno. Cando estea case cocido, engadir as castañas.  

    Aparte facer a guarnición con porro, cenoria, fabas e chícharos. Nunha pota con auga, sal e un pouco de graxa, engadir as verduras picadas. Cando estean cocidas, escórrense. Finalmente, presentar o cordeiro e ao carón, as verduras, cubertas coa salsa do cocemento da carne. Xa está listo para servir.

    Torta da Dama

    Torta da Dama

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 1 anaco de pan
    • 1/2 litro de leite
    • 100 gr de uvas
    • 100 gr de manteiga
    • 8 ovos
    • Mel  

    ELABORACIÓN
    :
    Quentar o leite e engadir o pan. Bater os ovos coa mel. Nun cazo derreter a manteiga e engadir os ovos xa batidos. Poñer esta mestura nun recipiente xunto co leite e o pan. Reservar.

    Aparte, facer o caramelo con mel e auga, co que se untará un molde para engadir a masa reservada. Posteriormente fervelo dentro de auga ata que estea ben cocido. Servir con nata batida á que se lle engade un pouco de mel, ao gusto.