Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Restaurante O Castillo

Onde comer

  • Rúa da Torre, 43 - 15129 - Vimianzo (A Coruña)
  • 981 716 015

  • Potaxe castrexa

    Potaxe castrexa

    [RECEITA CASTREXA]
    Ingredientes:

    • 100 gr de cordeiro
    • 80 gr de tenreira
    • 200 gr de xarda
    • 100 gr de maragota
    • 100 gr de mexillóns
    • 1 presa de verzas
    • 100 gr de trigo
    • Manteiga de porco
    • 2 culleradas de mel
    • Sal, romeu e tomiño

    ELABORACIÓN:
    Poñer a cocer o cordeiro e a tenreira en auga coa graxa de porco. Cando a carne estea cocida, engadir as verzas picadas. Coa verdura tenra, meter na auga fervendo a xarda e a maragota durante 5 minutos. Despois, engadir os mexillóns, as ameixas e o trigo e deixar cocer un par de minutos. Para rematar, botar o mel, o romeu e o tomiño. Xa está listo para servir.

    Filloa rechea de compota de pera

    Filloa rechea de compota de pera

    [RECEITA CASTREXA]
    Ingredientes:

    • 2 ovos
    • 2 peras
    • 4 culleradas de fariña
    • Sal
    • Auga    

    ELABORACIÓN:
    Facer a masa mesturando os ovos coa fariña e a auga. Despois facer a filloa nunha tixola untada en graxa de porco. Para a compota, cocer a pera en auga ata que adquira a aparencia de marmelada. A continuación engadir o mel. Para rematar encher a filloa coa compota de pera e enrolala. Decorar con mel.

    Ensalada da Marquesa

    Ensalada da Marquesa

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • Leituga
    • Escarola
    • Cebola
    • Achicoria
    • Cenoria
    • Uvas
    • Alfabaca
    • Noces
    • Vinagre
    • Sal
    • Mel

    ELABORACIÓN:
    Colocar nun prato os ingredientes que compoñen a ensalada, ben repartidos para que se vexa a gran mestura de cores. Aliñar co sal e coa mestura de vinagre e mel. Servir.

    Galiña medieval

    Galiña medieval

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 2 ou 3 anacos de galiña
    • 1 porro
    • 4 cebolas
    • 3 cenorias
    • 1 presa de verzas
    • Coandro
    • Alfabaca
    • 1 presa de améndoas
    • 1 presa de noces
    • 1 ovo
    • Sal

    ELABORACIÓN:
    Cocer a galiña durante unhas dúas horas para que estea ben feita. Cando empece a estar tenra engadir as cebolas e as cenorias enteiras e o porro picado en anacos grandes. Un pouco máis tarde botar as verzas enteiras.

    Facer unha salsa co ovo e a améndoa esmagada. Unha vez empratado e aliñado coa salsa, decorar coa alfabaca, o coandro e as noces.

    Biscoito de salvado e noces

    Biscoito de salvado e noces

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 200 gr de salvado
    • 2 ovos
    • 150 gr de noces picadas
    • 2 culleradas de mel

    ELABORACIÓN:
    Bater os ingredientes todos xuntos. Meter nun molde e deixar no forno durante 15 minutos. Servir frío e acompañado de leite de améndoa.