Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

O Retiro de Barboles

Onde comer

  • Castro, 22 - 15129 - Salto - Vimianzo (A Coruña)
  • 981 717 176

  • web

  • e-mail
  • Sopa do Castro

    Sopa do Castro

    [RECEITA CASTREXA]
    Ingredientes:

    • Caldo de ósos
    • Fariña de trigo
    • Mexillóns
    • Verzas
    • Fabas
    • Chícharos
    • Ovas de ourizo
    • Abelás
    • Ovos
    ELABORACIÓN:
    Amasar a fariña de trigo cun pouco do caldo morno e facer un bolo. Cocer no caldo de ósos 25 minutos a lume medio. Cando o bolo leve 10 minutos cocendo engadir as verzas cortadas en xuliana. Cocer 5 minutos e incorporar os chícharos e as fabas e deixar cocer 7 minutos máis. Finalmente incorporar os mexillóns, o ovo e as améndoas tostadas e picadas finas. Cocer 3 minutos máis.

    Ensalada de froitas con sopa de leite

    Ensalada de froitas con sopa de leite

    [RECEITA CASTREXA]
    Ingredientes:

    • Uvas
    • Moras
    • 1 pera
    • 1 litro de leite
    • Menta  

    ELABORACIÓN:
    Nun litro de leite cocer entre 5 e 10 minutos e despois deixar arrefriar. Limpar a froita e cortala en anacos. Servir cuberta co leite nunha cunca.

    Espetada de troitas

    Espetada de troitas

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 400 gr de troitas
    • 100 gr de touciño
    • 2 culleradas de manteiga
    • 1 vaso de caldo

    ELABORACIÓN:
    Cortar o touciño en anacos finos para fritir. Engadir as troitas. Fritir todo xunto e xa está listo para comer.

    Porco doce

    Porco doce

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • Carne de porco
    • 3 culleradas de manteiga
    • 2 cebolas
    • 2 culleradas de mel
    • Uns grans de pementa negra
    • 1 cenoria
    • 1 cabaza
    • 1 vaso de caldo

    ELABORACIÓN:
    Botar a manteiga e o porco nunha cazola de barro. Deixar dourar e engadir a cebola, a cenoria cortada moi miúda, o mel, a pementa e un vaso de caldo. Cocer lentamente durante unha hora.

    Por outra parte cocer a cabaza en anacos, que servirá de acompañamento. Xa está listo para servir.

    Castañas cocidas aromatizadas

    Castañas cocidas aromatizadas

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 600 gr de castañas
    • 1 litro de leite
    • Anís
    • Menta  

    ELABORACIÓN:
    En primeiro lugar sacar a pel ás castañas para a continuación metelas nunha cunca cun litro de leite, o anís e a menta. Cocer todo. Servir frías.