Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Restaurante Pastoriza

Onde comer

  • R/Blanco Rajoy, 77 - 15129 - Vimianzo (A Coruña)
  • 981 716 110

  • web

  • e-mail
  • Pote de trigo

    Pote de trigo

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • Carne de porco ou vaca
    • 1/2 quilo de trigo
    • 4 ou 5 ramas de fiúncho
    • Chícharos
    • Sal
    • Manteiga de porco    

    ELABORACIÓN:
    Cocer a carne nun caldo xunto ao trigo. Aparte, nunha tixola con manteiga de porco, refogar os chícharos. Engadir algo de caldo e triturar con fiúncho. Verter a salsa resultante nunha cazola de barro xunto coa carne e o trigo. Unha vez que ferva, xa está listo para servir.

    Mexillóns de campo

    Mexillóns de campo

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 1 ducia de mexillóns (unha ración)
    • Tomiño
    • Aneto
    • Fiúncho
    • Perexil
    • Pementa

    ELABORACIÓN:
    Cocer os mexillóns en auga con todas as herbas. Listo para servir.

    Pescada en cama de verza

    Pescada en cama de verza

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 1 lombo de pescada
    • 2 espárragos trigueiros
    • 1 presa de améndoas
    • Alfabaca
    • 1 cenoria
    • 1 folla de verza
    • 4 dados grandes de cabaza
    • Manteiga
    • Mel

    ELABORACIÓN:
    Escaldar a folla de verza, colocar o lombo de pescada enriba con sal e cubrir coa verza. Cocer ao vapor, e aparte escaldar os espárragos e a cabaza. Reservar.

    Agora facer un caldo de peixe fervendo a cabeza da pescada con perexil e cenoria. Cun pouco deste caldo, mesturar a améndoa e a alfabaca e posteriormente triturar.

    A continuación, saltear a cabaza en manteiga de porco e mel. Cubrir a pescada coa salsa resultante do caldo e, ao seu carón, colocar a cabaza con mel e os espárragos que había reservados. Listo para servir.

    Follado do bosque do Marqués

    Follado do bosque do Marqués

    [RECEITA MEDIEVAL]
    Ingredientes:

    • 150 gr de fariña
    • 2 ovos
    • Auga
    • Sal
    • Mel
    • 1 anaco de queixo fresco
    • 1 presa de noces
    • 1 presa de uvas
    • 1 presa de moras

    ELABORACIÓN:
    Para facer o follado bater ben os ovos, a fariña e a auga cun chisco de sal e mel. Unha vez feita esta masa, untar a tixola con manteiga e facer o follado.

    Por outra parte, bater o queixo fresco. Pintar coa crema resultante o follado. Logo, engadir as noces, as uvas e as moras, cubrindo cun chisco de mel para decorar. Listo para servir.