Galego
  Carantoña
   




Baleas e barcos afundidos
                       
    Núcleo de Sabadelle   Coído da Señora   Unha aldea tradicional   Man e o Land Art   Baleas e barcos afundidos  




Localización

Hai 2 maneiras de chegar á Sabadelle (UTM 29T 493506; 4780870). A primeira e máis rápida é tomar dende o centro de Vimianzo a estrada que vai a Camariñas (AC-432). A uns 8,5 quilómetros, antes de chegar á Ponte do Porto (Camariñas), debemos virar á dereita pola estrada que se dirixe a Camelle e Arou (Camariñas). Finalmente, na entrada ao núcleo urbano de Camelle debemos tomar outra pequena estrada á dereita, pola rúa Campo d’Area, que remata 1 quilómetro máis adiante. Alí, no Coído de Sabadelle, podemos deixar o vehículo e camiñando por un sendeiro tradicional paralelo á costa, chegaremos á zona de Sabadelle que pertence ao concello de Vimianzo.

A segunda opción é para os amantes das camiñadas. Sairemos de novo do centro de Vimianzo pola estrada que vai a Camariñas (AC-432). A uns 2 km débese virar á dereita por outra pequena estrada que pasa por San Xoán de Calo e Pasarela. 3,5 km máis adiante, nun cruce, tómase á dereita a estrada en dirección Laxe (AC-433) e 2 km despois débese virar outra vez á esquerda en dirección Mórdomo, na Parroquia de Santiago de Traba (Laxe). Debemos achegarnos ao extremo máis occidental da praia de Traba, deixaremos o vehículo, e dende alí camiñaremos por un sendeiro que transcorre paralelo á costa. 2,5 km máis adiante chegaremos á Sabadelle.


A vila de Camelle
Camelle é unha parroquia e vila mariñeira pertencente ao concello de Camariñas. Entre os Séc. XVI e XVII foi un dos portos baleeiros da Costa da Morte, xunto con Malpica e Caión, onde operaban mariñeiros Vascos. Durante o Séc. XIX e comezos do Séc. XX desenvolveuse aquí unha puxante industria de salga de sardiña, da que aínda quedan algúns edificios en ruínas no pobo. Desde 1898 instálase na vila a Estación de Salvamento Barbeito e Cía e Camelle convértese nun centro de recepción de náufragos con gran actividade de alfándegas, compañías de seguros, persoal diplomático…


O mar dos naufraxios
Esta zona que se denomina xenericamente o Mar de Traba é un dos tramos máis perigosos de toda a Costa da Morte. As néboas, os temporais e unha costa recortada chea de puntas e coídos xeraron unha longa lista de naufraxios. Aquí, na Punta do Cabezo, quebrou en 1883 o carboeiro inglés «Chamois», de 7500 Tm. A rápida intervención dos veciños de Camelle e Traba conseguiu salvar a toda a tripulación.










Inicio | Requisitos técnicos
©2015 Concello de Vimianzo