Galego
  Carantoña
   




Unha aldea tradicional
                       
    Núcleo de Sabadelle   Coído da Señora   Unha aldea tradicional   Man e o Land Art   Baleas e barcos afundidos  




Localización

Hai 2 maneiras de chegar á Sabadelle (UTM 29T 493506; 4780870). A primeira e máis rápida é tomar dende o centro de Vimianzo a estrada que vai a Camariñas (AC-432). A uns 8,5 quilómetros, antes de chegar á Ponte do Porto (Camariñas), debemos virar á dereita pola estrada que se dirixe a Camelle e Arou (Camariñas). Finalmente, na entrada ao núcleo urbano de Camelle debemos tomar outra pequena estrada á dereita, pola rúa Campo d’Area, que remata 1 quilómetro máis adiante. Alí, no Coído de Sabadelle, podemos deixar o vehículo e camiñando por un sendeiro tradicional paralelo á costa, chegaremos á zona de Sabadelle que pertence ao concello de Vimianzo.

A segunda opción é para os amantes das camiñadas. Sairemos de novo do centro de Vimianzo pola estrada que vai a Camariñas (AC-432). A uns 2 km débese virar á dereita por outra pequena estrada que pasa por San Xoán de Calo e Pasarela. 3,5 km máis adiante, nun cruce, tómase á dereita a estrada en dirección Laxe (AC-433) e 2 km despois débese virar outra vez á esquerda en dirección Mórdomo, na Parroquia de Santiago de Traba (Laxe). Debemos achegarnos ao extremo máis occidental da praia de Traba, deixaremos o vehículo, e dende alí camiñaremos por un sendeiro que transcorre paralelo á costa. 2,5 km máis adiante chegaremos á Sabadelle.


O casal de Sabadelle
Os restos que se ven na actualidade pertencen a unha casa en estado ruinoso na que se aprecia a zona da antiga cociña co forno para cocer pan e outras dependencias, que aínda se recoñecen, como as cortes. A carón da casa vense os restos dun cabazo de pedra rastreiro, é dicir non ten pes, un pequeno alpendre que debeu ser usado para gardar a ferramenta agrícola e unha eira para mallar o cereal.


Hortas e campos de Cultivo
Na contorna da casa están as antigas hortas do casal cos cerramentos de muros feitos con cachotería de granito.


Camiño Mórdomo-Camelle
Entre Mórdomo (Laxe), en Santiago de Traba e Camelle hai un antigo camiño tradicional. O sendeiro, de aproximadamente 4 quilómetros, atravesa un dos tramos costeiros máis espectaculares da Costa da Morte. Si se observa o chan aínda se aprecian gravadas no granito as rodeiras dos carros que ían recoller o argazo ás rochas. Actualmente pasa por aquí un tramo do camiño dos faros. http://www.caminodosfaros.com/


Os penedos de Carantoña
Os penedos de Carantoña son menos coñecidos que os de Pasarela e Traba, pero forman parte da mesma unidade xeolóxica. Este conxunto de outeiros rochosos protexen o lugar de Sabadelle polo sur e axudan a formar a braña onde se asentaron tradicionalmente tódolos campos de cultivo e os pastos. Aquí, a toponimia déixanos nomes tan suxestivos como Pena da Aiga, Cova da Abilleira, Pena Tellada ou Pena Cantadora.










Inicio | Requisitos técnicos
©2015 Concello de Vimianzo