Galego
  Carantoña
   




Man e o Land Art
                       
    Núcleo de Sabadelle   Coído da Señora   Unha aldea tradicional   Man e o Land Art   Baleas e barcos afundidos  




Localización

Hai 2 maneiras de chegar á Sabadelle (UTM 29T 493506; 4780870). A primeira e máis rápida é tomar dende o centro de Vimianzo a estrada que vai a Camariñas (AC-432). A uns 8,5 quilómetros, antes de chegar á Ponte do Porto (Camariñas), debemos virar á dereita pola estrada que se dirixe a Camelle e Arou (Camariñas). Finalmente, na entrada ao núcleo urbano de Camelle debemos tomar outra pequena estrada á dereita, pola rúa Campo d’Area, que remata 1 quilómetro máis adiante. Alí, no Coído de Sabadelle, podemos deixar o vehículo e camiñando por un sendeiro tradicional paralelo á costa, chegaremos á zona de Sabadelle que pertence ao concello de Vimianzo.

A segunda opción é para os amantes das camiñadas. Sairemos de novo do centro de Vimianzo pola estrada que vai a Camariñas (AC-432). A uns 2 km débese virar á dereita por outra pequena estrada que pasa por San Xoán de Calo e Pasarela. 3,5 km máis adiante, nun cruce, tómase á dereita a estrada en dirección Laxe (AC-433) e 2 km despois débese virar outra vez á esquerda en dirección Mórdomo, na Parroquia de Santiago de Traba (Laxe). Debemos achegarnos ao extremo máis occidental da praia de Traba, deixaremos o vehículo, e dende alí camiñaremos por un sendeiro que transcorre paralelo á costa. 2,5 km máis adiante chegaremos á Sabadelle.


Un artista peculiar
Nas rochas de Sabadelle pódense apreciar algunhas pinturas de Manfred Gnädinger, coñecido polo nome de Man ou o Alemán de Camelle. El foi un alemán que chegou a Camelle no ano 1962. Alí levou unha vida sinxela, case de eremita, adicada á produción dunha arte moi persoal, intimamente ligada á natureza, na que usaba a pedra, madeira, osos de animais… A súa propia casa, construída coa axuda dos veciños, formou parte da súa obra artística e converteuse nun verdadeiro museo coñecido internacionalmente.


Man en Sabadelle
Mostras da súa arte pódense ver en Camelle e nos arredores. En Sabadelle, preto do coído da Señora, temos algunhas evidencias, seguramente froito dos longos percorridos que Man facía a pe dende Camelle ata Traba. Man morreu no ano 2002 despois que o chapapote do Prestige cubrise de negro as costas de Camelle e toda a súa obra.










Inicio | Requisitos técnicos
©2015 Concello de Vimianzo