A Pena Forcada II
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Localización Sáese desde o centro de Vimianzo pola estrada AC-432 en dirección Camariñas. A uns 2 km débese virar á dereita por unha pequena estrada que pasa por San Xoán de Calo e Pasarela. En Pasarela, 2 km despois, cóllese unha pequena estrada á dereita. Neste punto hai un pequeno cartel con indicacións da ruta. A 200 m está o lugar de Penedo aquí podemos decidir deixar o vehículo se preferimos camiñar, ou seguir con el por un camiño de terra que nos leva despois de 1,5 km ao pé da Pena da Cachucha (UTM 29 T 497066; 4778040), o primeiro punto de parada. Para chegar á Pena Forcada desde a base da Cachucha tomamos na bifurcación o camiño da dereita. 300 m máis adiante, na seguinte bifurcación, viramos ás esquerda durante uns 800 m ata o próximo cruce e volvemos a virar á esquerda. Seguimos outros 120 m e volvemos a tomar o camiño da esquerda que se prolonga 600 metros. Se viñemos en coche podémolo deixar aquí e subir outeiro arriba ata a Pena Forcada (UTM 29 T 496934.77; 4778710.95). A Pena Forcada No entorno de Pena Forcada pódese contemplar unha das panorámicas máis impresionantes de Galicia co impresionante Mar de Traba ao lonxe. Aquí pódese ver unha das pedras máis impresionantes: A esfinxe, que recorda o famoso monumento exipcio ou unha vella coas engurras marcadas. Outras rochas singulares son a osa, que vista dende outro punto semella unha zafra; o orante; o mocasín, ou a pedra cabalgada. |
|
|||||
Inicio | Requisitos técnicos ©2015 Concello de Vimianzo |