As pedras que mirán ao mar
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Localización Sáese desde o centro de Vimianzo pola estrada AC-432 en dirección Camariñas. A uns 2 km débese virar á dereita por unha pequena estrada que pasa por San Xoán de Calo e Pasarela. En Pasarela, 2 km despois, cóllese unha pequena estrada á dereita. Neste punto hai un pequeno cartel con indicacións da ruta. A 200 m está o lugar de Penedo aquí podemos decidir deixar o vehículo se preferimos camiñar, ou seguir con el por un camiño de terra que nos leva despois de 1,5 km ao pé da Pena da Cachucha (UTM 29 T 497066; 4778040), o primeiro punto de parada. Para chegar á Pena Forcada desde a base da Cachucha tomamos na bifurcación o camiño da dereita. 300 m máis adiante, na seguinte bifurcación, viramos ás esquerda durante uns 800 m ata o próximo cruce e volvemos a virar á esquerda. Seguimos outros 120 m e volvemos a tomar o camiño da esquerda que se prolonga 600 metros. Se viñemos en coche podémolo deixar aquí e subir outeiro arriba ata a Pena Forcada (UTM 29 T 496934.77; 4778710.95). Os penedos de Pasarela e Traba Un impresionante balcón ao Atlántico son as caprichosas formacións rochosas dos As pedras que miran ao mar. Trátase dun conxunto extraordinario desde o punta de vista xeolóxico situado entre os concellos de Laxe e Vimianzo. Segundo o profesor Vidal Romaní son rochas plutónicas similares ás do Pindo, formadas no período hercínico, hai 301,2 millóns de anos, a uns 24 km de profundidade. A Cachucha Nesta zona podemos ver un dos grupos de rochas máis interesantes: A balea, que lembra un cachalote varado; o cantor; unha pedra multiforme que segundo a posición do observador semella unha aguia, unha pouta ou un trono; a man ou a mesma cachucha, a que lle puxo nome un emigrante a Venezuela onde cachucha designa unha especie de gorra ou visera. Literatura e pedras Os penedos de Pasarela e Traba teñen provocado a admiración de moita xente dende antigo. Algúns ademais deixaron liñas escritas coas súas impresións: Eduardo Pondal, Evaristo Martelo, ou Manuel Rivas son algúns dos persoeiros máis coñecidos: Penedos de Pasarela, Cando vos vexo, penedos, Suspiro de amor por ela. (Eduardo Pondal, 1886) |
|
|||||
Inicio | Requisitos técnicos ©2015 Concello de Vimianzo |