Galego
  Calo
   




A Pena Forcada
               
    As pedras que miran ao mar   A Pena Forcada   A Pena Forcada II  




Localización

Sáese desde o centro de Vimianzo pola estrada AC-432 en dirección Camariñas. A uns 2 km débese virar á dereita por unha pequena estrada que pasa por San Xoán de Calo e Pasarela. En Pasarela, 2 km despois, cóllese unha pequena estrada á dereita. Neste punto hai un pequeno cartel con indicacións da ruta. A 200 m está o lugar de Penedo aquí podemos decidir deixar o vehículo se preferimos camiñar, ou seguir con el por un camiño de terra que nos leva despois de 1,5 km ao pé da Pena da Cachucha (UTM 29 T 497066; 4778040), o primeiro punto de parada.

Para chegar á Pena Forcada desde a base da Cachucha tomamos na bifurcación o camiño da dereita. 300 m máis adiante, na seguinte bifurcación, viramos ás esquerda durante uns 800 m ata o próximo cruce e volvemos a virar á esquerda. Seguimos outros 120 m e volvemos a tomar o camiño da esquerda que se prolonga 600 metros. Se viñemos en coche podémolo deixar aquí e subir outeiro arriba ata a Pena Forcada (UTM 29 T 496934.77; 4778710.95).


A loita polos penedos
No ano 2006 o proxecto de apertura dunha canteira nos penedos de Pasarela xerou un forte movemento de oposición na zona. Durante 2006 e 2007 houbo marchas, manifestacións e innumerables accións nas que participaron veciños, diversos colectivos da Costa da Morte, asociacións ecoloxistas… para defender este singular patrimonio xeolóxico. Finalmente os esforzos tiveron a súa recompensa e o 14 de xaneiro de 2009 anunciouse no Diario Oficial de Galicia a declaración de Paisaxe Protexida para os Penedos de Pasarela e Traba.










Inicio | Requisitos técnicos
©2015 Concello de Vimianzo