Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Os Batáns do Mosquetín: tecendo camiños

Os Batáns do Mosquetín: tecendo camiños

A carón do Río Grande, atopamos Os Batáns de Mosquetín, un enclave composto de tres batáns e seis muíños. Os batáns empregáronse de finais do século XVIII e do XIX, e servían para abatanar os tecidos , é dicir, para reducir o volume das pezas de liño e lá, e así pasaban a ser máis compactas e tupidas.

Os batáns funcionaban pola forza da auga corrente do Río Grande, que facía mover unha roda hidráulica que activaba uns mazos que golpeaban os tecidos hasta compactalos.

Ademais dos batáns, entre rochas, arbustos e árbores atópanse tamén seis muíños, todos eles fariñeiros, moi frecuentes en Galicia e empregados polos veciños de Soneira e Bergantiños, así como pola xente da zona do Xallas e a ría de Noia para moer o gran.

Trátase dunha mostra da enxeñaría popular que evidencia a perspicacia dos vimianceses da época para aproveitar a forza da auga e así optimizar a industria artesanal da zona. Un sector con moita tradición en Vimianzo no que hoxe destaca o encaixe de palillos, con máis de medio centenar de palilleiras no municipio.

No ano 1997 o conxunto dos Batáns do Mosquetín someteuse a un proceso de rehabilitación por parte da Diputación da Coruña que culminou cun centro de interpretación.

Información sobre horarios, contacto e demais en www.vimianzo.gal/turismo