Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

A memoria das rochas

Pedra Moura

A Costa da Morte é a área de maior densidade de mámoas de Galicia, con máis de 300 construcións megalíticas e algún dos dolmens máis importantes. A terra de Soneira, e principalmente o concello de Vimianzo, é un territorio onde son especialmente abundantes estes monumentos. Tanto que pódese considerar un parque arqueolóxico do megalitismo.

Estes dolmens e mámoas datan de entre os anos 4000 e os 2000 a. de C. e, segundo os estudos existentes, son enterramentos das xentes que viviron nas terras de Soneira. Ao morrer, os seus familiares os depositaban baixo estas construcións, normalmente compostas por varias lousas cravadas na terra en posición vertical e outra enriba en horizontal, xunto a un enxoval composto por vasillas, puntas de frechas, cerámicas…

En Vimianzo pódense ver ata seis conxuntos megalíticos, que son:

A Mina
A 6,3 quilómetros do Castelo de Vimianzo, na parroquia de Carantoña, encontramos a Mina, una mámoa que data do 4000 ou 3000 a. de C. Nesta caso só podemos ver un amoreamento de terra e pedras, escondendo o dolmen embaixo. En 1936 foi obxecto de escavacións clandestinas realizadas por cazadores de tesouros.

Pedra da Arca
Na parroquia de Baíñas (+43º 00’ 36”, -9º 00’ 52”), a 18,5 quilómetros de Vimianzo, podes ver unha das antas máis grandes de Galicia, a Pedra da Arca. Encádrase nunha gran mámoa de vinte e oito por trinta metros e soamente a pedra da cuberta pesa 12 toneladas. Nas súas paredes aínda hai vestixios de gravados formados por liñas en forma de “U” e “V”, e tamén se albiscan restos de pintura de cor vermello, algo moi raro na época.

Casota de Berdoias 
Encóntrase en Berdoias (+43º 2’ 52”, -9º 5’ 11”), a uns 9 quilómetros do núcleo urbano. Segundo un estudio do arquitecto Emilio Fonseca Moretón, pola súa forma ­-a  ausencia de corredor e a súa estrutura tumular-, esta arca forma parte do grupo das antecesoras das cistas (monumentos megalíticos funerarios individuais) da Idade de Bronce. Conta ademais con gravados de cruces e con forma de pequenas covas nas súas paredes. Pola súa estrutura e bo estado de conservación foi empregada moito tempo como refuxio para os pastores da zona.

Pedra Cuberta

Pedra Cuberta 
É un dos monumentos megalíticos de Galicia dos que máis información existe, grazas aos estudos feitos polos arqueólogos alemáns Georg e Vera Leisner nos anos 30. Chama atención o corredor, decorado por debuxos de cor negra e vermella sobre fondo branco así como representacións serpentiformes e unha base de círculos concéntricos no seu corredor.  Estas pinturas atópanse entre as representacións máis importantes da arte megalítica europea. Está situada na parroquia de Treos (43º 5’ 48”, -8º 58’ 52”), a 7 quilómetros de Vimianzo.

Pedra da Lebre 
Na parroquia de Serramo, a 8 quilómetros do Castelo de Vimianzo, está a Pedra da Lebre (43º 4’ 5”, -9º 00’ 7”), unha construción de grandes proporciones formada por cinco esteos, cada un deles dun grosor de máis de 70 centímetros. A lousa cobertora encóntrase fóra do seu sitio, e os restos do corredor aínda se poden apreciar tirados no chan.


Pedra Moura
Este dolmen sitúase en Serramo (43º 4’ 53”, -8º 58’ 57”). Está ubicado no centro dunha mámoa xa case totalmente destruída debido aos labores agrícolas da zona. Mide 4,10 por 2,40 metros e a cámara está formada por sete pedras verticais, conservando soamente tres esteos pequenos. A lousa cobertora está descolocada.