Vimianzo. Do mar á terra.

Compartir:

Cociña na Idade de Ferro

Padal Castrexo

A sociedade da Idade de Ferro deixou moitos vestixios que en Galicia calaron moi fondo. Arte, lendas, paisaxe… e tamén gastronomía. En Vimianzo, igual que no resto da Costa da Morte a súa presenza faise patente cos castros e xacementos arqueolóxicos que se atopan a cada paso.  

A cociña de Vimianzo recupera agora o sabor dos castros que se poden rastrear na zona: o das Barreiras, os desaparecidos de Castrobuxán, o que se debuxaba no outeiro onde se atopa o Castelo... Faino a través de pratos que marcan a idiosincrasia da zona como son os guisos, potaxes, e como non, pescados e mariscos dos principais portos da zona, coma os de Laxe e Camariñas, de grande calidade.

Máis congro e menos xabaril

A pesares da imaxe que se ten en mente na época castrexa, nin en Vimianzo nin en ningún outro lugar da zona, alimentábanse a base de carne. A sociedade da Ideade do Ferro era agrícola, e a base da súa alimentación baseábase principalmente en vexetais, leguminosas e cereais. Con estes produtos preparaban sobre todo o que coñecemos hoxe en día como “pratos de culler”: guisos, potaxes, papas, sopas… que complementaban con proteínas animais, cun concepto parecido ao que hoxe coñecemos como cocidos ou potaxes. No caso de Vimianzo, pola súa proximidade á costa, as verduras e cereais acompañábanse de moluscos e peixes, ademais de carnes e lácteos.  

O mar e os seus produtos van ter nesta época unha grande importancia na gastronomía da época castrexa, chegando incluso a importalos ao interior.